O alumnado do CS Proxectos de Edificación tivo o seu encontro coas empresas do sector

O encontro coas empresas tivo lugar o martes 29,  e consistiu nunha serie de conversas con emprendedores e traballadores vinculados ao ámbito da construcción e, dalgún modo, tamén cunha vinculación co noso centro.

Na primeira conversa Manuel Magariños, xerente da empresa “Proxest S.L.” de Ares explicou o seu itinerario dende que rematou os seus estudos no CIFP Rodolfo Ucha ata a actualidade.

A continuación outros dous ex-alumnos do centro Ariadna López e Sergio Bustos compartiron con todos nos as súas experiencias no mundo laboral da construcción.

edh
Fotos de Roberto Amado

Concurso de Informática

Imaxe dunha Raspberry Pi 3

A empresa 3.14 Financial Contents participou nas charlas de orientación “Acercándonos ás empresas – Familia de Informática” o pasado día 21 de xaneiro de 2019.

Ó rematar as mesmas, proporcionou un par de dispositivos Raspberry Pi 3 ó Centro.

Dende o Departamento de Informática ábrese un concurso para poder gañar un destes dispositivos. En caso de que esteas interesado, estes son os requisitos:

  • É necesario presentar un pequeno proxecto de investigación no cal deberás sinalar cal é o obxectivo do traballo, como o farías e que papel xogaría este dispositivo na súa realización.
  • O formato do proxecto deberá ser PDF.
  • A data máxima de entrega dos proxectos será o venres 26 de abril de 2019.
  • A documentación deberá remitirse por correo electrónico ó seguinte enderezo: concurso@cifprodolfoucha.es

Acreditación de competencias – Convocatoria 2019

Logo FP competencias 2019

Publicada a orde pola que se convoca, para o ano 2019, o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

No noso Centro acredítanse unidades de competencia dos seguintes ciclos:

  • Grao Medio de Xestión Administrativa.
  • Grao Superior de Administración e Finanzas.
  • Grao Medio de Actividades Comerciais.

No Anexo I da convocatoria poden consultarse as unidades de competencia  que se poden acreditar, organizadas por ciclo formativo.

A solicitude de participación no procedemento deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. 

Esta aplicación está activa a partir do 14 de xaneiro de 2019 e o prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2019.

SÓ SERÁN ACEPTADAS AS SOLICITUDES QUE SEXAN ENTREGADAS POR SEDE ELECTRÓNICA.

A información completa pode consultarse seguindo este enlace.

Entrega de premios do Concurso idea

Entrega premios Idea EduEmprende

20181211EntregaPremiosIdeaEduEmprende No dia de onte a responsable de emprendemento e profesora da familia profesional de hostalaría e turismo Elena Anca acudiu acompañada dun membro do equipo directivo á entrega de premios do Concurso idea 2018 que todos os anos se convoca ao abeiro do plan eduemprende. O acto tivo lugar no auditorio 1 do edificio Cinc da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Premiáronse seis interesantísimos traballos de emprendemento, dun total de vinte e cinco presentados desde toda Galicia. Desafortunadamente ningún deles foi enviado polo o noso centro, pero agardemos que na vindeira convocatoria poidamos presentar alomenos un proxecto. E como dispoñemos do noso viveiro de empresas, por que non soñar con que se chegue a materializar?

Galicia Skills 2018

Portada das Galicia Skills 2018

Galicia Skills - Carlos Bello Pita

Os pasados días 28 e 29 de novembro, celebráronse en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, as GaliciaSkills 2018.Este é un campionato eminentemente práctico que consiste no desenvolvemento de 26 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante mide as súas destrezas e demostra as súas capacidades na realización das correspondentes probas.

MAGOSTO 2018

O 9 de novembro celebrouse un ano máis O Magosto organizado polos alumnos de primeiro curso do Ciclo de Actividades Físicas e Deportivas. Como en anos anteriores desenvolvéronse un conxunto de divertidas actividades nas que participaron alumnos e alumnas de todo o centro e un grupo de intrépidos/as profesores/as. A xornada rematou coa tradicional degustación de castañas.

This image has an empty alt attribute; its file name is magosto-19.jpg    This image has an empty alt attribute; its file name is magosto-4.jpg

Unha vez máis agradecervos a todos e todas pola vosa participación. O vindeiro ano máis e mellor!!!

Visita do alumnado de 1SMR ó MUNCYT da Coruña

Foto do alumnado de SMR1 no MUNCYT

O alumnado de primeiro de SMR (Sistemas microinformáticos e redes) visitou o Muncyt (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) da Coruña o pasado martes, 22 de novembro, e participou nas seguintes actividades:

  • Week Labs: Taller: “¿Para qué sirve un superordenador? Los superordenadores, de cerca”
  • mWeek Labs: “Herramienta de realidad virtual sobre la historia de las telecomunicaciones”

FCT ERASMUS (Prácticas noutro país da UE)

Facer a FCT noutro país da Unión Europea non ten moitas diferenzas, agás as evidentes, co respecto a facela no territorio español. Ver entrada sobre a FCT nesta mesma web

Nembargantes intentaremos resolver as posibles dúbidas e as preguntas máis frecuentes:

QUEN AS PODE REALIZAR?

Todos aqueles alumnos/as que estén cursando 2º curso no momento de realizar a FCT.

Tamén podería facer prácticas no estranxeiro o alumnado que xa titulou dentro dos seguintes 6 meses a data de titulación.

CALES SON OS REQUISITOS PARA PODER REALIZAR ESTAS PRÁCTICAS?

1º Ter a voluntade e o compromiso de facelas.

2º Ter un nivel medio-alto en idioma estranxeiro, fundamentalmente inglés, aínda que pode ser tamén a lingua do país de destino: francés, italiano, portugués…

3º No caso de haber máis candidatos/as que prazas unha comisión imparcial decidirá quen ten prioridade basándose en criterios de expediente, formación en linguas, disponibilidade, … entre outros aspectos. O dictamen sería sempre público e transparente.

QUE ME OFRECE O PROGRAMA DE PRÁCTICAS NO ESTRANXEIRO?

Una beca de unha cantidade variable de diñeiro dependendo do país de destino (normalmente entre 250-350 euros por mes) e a posibilidade de facer un curso on-line de idiomas.

COMO SE CONSIGUE A EMPRESA PARA A REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS?

Hai dúas opcións, a máis habitual é que o propio alumnado a busque en coordinación co titor da FCT e o responsable das prácticas no estranxeiro utilizando a base de datos de cursos anteriores. Tamén se pode encargar a busca a unha empresa intermediaria

Para o aloxamento tamén hai varias opcións.

QUE PODO GAÑAR PARTICIPANDO NESTES PROGRAMAS?

En primeiro lugar, unha experiencia de traballo nun país estranxeiro que aumentará a variedade e a calidade da formación recibida.

En segundo lugar, unha mellora na capacidade de comunicación e traballo nunha lingua diferente.

E en terceiro lugar, unha experiencia vital que abre os horizontes de emprego non só no estranxeiro senón tamén no territorio español.

 

Adrián Orjales bate o seu propio récord de España de tiro con arco para invidentes

Foto Adrián Orjales recibindo medalla

Adrián Orjales, alumno do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, vén de batir o seu propio récord de tiro con arco para invidentes nunha tirada realizada no concello lucense do Valadouro.

Este deportista tamén ten grandes posibilidades de acudir ó Mundial de tiro con arco para invidentes, que está previsto para o próximo mes de xuño.

Parabéns para Adrián e moito ánimo de cara a seguir superándose!

Máis información no seguinte enlace.

[Fonte: La Voz de Galicia]